A CAPELA DE SAN ROQUE
D. Vicente Quiroga Méndez, estivo casado de primeiras nupcias con Doña Teresa Bermúdez Pimentel Sotomayor, sen descendencia, e de segundas nupcias con Doña Juana de la Maza Somoza, de cuxo matrimonio naceu o seu fillo e sucesor D. Roque Quiroga de la Maza, este tiña 10 anos cando morreu o seu pai. D. Vicente foi un gran valedor de San Roque, a él se debe o corpo da capela, como a coñecemos hoxe.
A capela, solo era o que hoxe é o presbiterio, o altar e pouco máis. D. Vicente, esperaba recibir cartos de Perú dun parente que desexaba invertir nunga obra pía e D. Vicente decidiu que eses cartos fosen para a ampliación da capela, deixando dentro da mesma, o que era a anterior.
O seu sogro D. José de la Maza, natural de Cambados, como facultado de D. Vicente Quiroga, xa defunto, recibidos os cartos do Perú contratou a ampliación da capela.
Foi o 21 de agosto de 1812 cando D. José de la Maza, contrataba ao mestre de carpintería Benito Cousiño e ao mestre de cantería Manuel Ricoy, para que comezaran as obras do cuerpo da capela. (Deixando constancia nun contrato notarial) Coa condición de que a obra quedase finalizada no mes de maio de 1813.
D. José de la Maza, era amigo de D. Norberto Velázquez Moreno, quen quedou facultado para entregar cartos a proporción da obra en efectivo aos contratados, que D. Norberto entregarías os recibos de ditos pagos ao Sr. De la Maza.
A Diócese de Tui, prohibiu a celebración do culto por San Roque, debido ao pequena que era a capela; ante o xentío que viña a San Roque. D. Vicente Quiroga Méndez, tivo un pleito coa Diócese para subsanar ditos inconvenientes. Posiblemente esta foi a razón da súa ampliación.
As imaxes: A Virxe de Guadalupe, no Altar Maior.
Antonio Méndez, creou esta advocación nunha granxa en A Lama (Trasmaño), dita capela non tivo culto por estar nunha zona montañosa.
En 1722 Doña Andrea Méndez diríxese ao Bispo de Tui para que esta fundación quede ligada á historia de San Roque, pasando dita imaxe á primitiva capela.
Músicos díante da capela en 1925. Foto propiedade de Ruth Matilda Anderson.
A imaxe de San Sebastián no Altar Maior
D. Gonzalo, casou en segundas nupcias con Doña María Quirós de Sotomayor e fundou a casa de Miraflores-Sárdoma, na que se perpetúa o apelido Quirós.
D. Gonzalo Méndez de Sotomayor, o fillo de máis idade, foi o primeiro en elixir no maiorazgo de de Artur Vázquez e preferiu bens: Casa dentro das murallas de Vigo con capela adicada a San Sebastián, na falda do Castro. De ahí ven o nombre de Cuartel de San Sebastián (derruido para construir o Concello de Vigo).
En 1719 os invasores ingleses, contrarios ao culto católico asediaron a praza forte do Castro e acabaron coa capela.
A imaxe de San Sebastián pasou a venerarse na ermida de San Roque, para a que D. Gonzalo dispuso a celebración dunha misa cantada, que aínda se celebraba entre os años 1821 e 1889.