Días
Horas
Minutos

Conta atrás para as festas de San Roque Vigo 2024

Fiesta romería san roque vigo 2024

Un ano máis, a Irmandade de devotos de San Roque Vigo, vos presentamos a programación para a romería urbana máis grande de Galicia: As fiestas de San Roque de Vigo.

Fiesta romería san roque vigo 2024

 

SAÚDO DA IRMANDADE:

Benvidos un ano máis á Romaría da nosa cidade, unha Romaría Centenaria onde todas as xentes teñen o seu espazo de goce.

Desde esta Xunta da Irmandade Devotos de San Roque continuamos co labor de “Recuperar a Historia”, poñendo en valor as tradicións, para que as seguintes xeracións sentan parte desta Romaría.

Ao longo do ano habemos tido encontros coas Administracións, Xunta de Galicia, Concello de Vigo, Afudación, Deputación de Pontevedra, e distintos patrocinadores; todos nos mostran a súa colaboración para seguir adiante co noso traballo xeneroso e sen ánimo de lucro.

Este ano queremos poñer en valor a escoita por para de Afundación á nosa solicitude para levar a cabo a restauración e conservación da imaxe do noso Santo Patrón, San Roque; unha conservación necesaria, dada a situación que sofre a imaxe polo paso do tempo.

Dende a Irmandade animamos a toda a cidadanía á participación nesta Romaría estes días festivos en nosa Cidade, así como a colaboración. Estes días poderemos gozar coa música variada, degustar diferentes opcións gastronómicas, gozar das atraccións tanto para os maiores como para os máis pequenos, e participar nos actos de culto a San Roque.

Esperámosvos nesta paraxe incomparable, como é a Finca de San Roque.
Felices Festas de San Roque 2024

Xunta Irmandade Devotos de San Roque Vigo

 

Podedes consultar o programa completo aquí e seguirnos en Instagram para estar ao día de todas as nosas novidades.

 

fiesta san roque 2024 vigo programa

HISTORIAS RELACIONADAS