HISTORIA DA ROMARÍA DE SAN ROQUE DE VIGO
As festas de San Roque de Vigo son a romaría urbana máis grande de Galicia.
Preto de ser declarada como Festa de Interese Turístico de Galicia, a Romaría de San Roque é unha das festas grandes de Vigo e se celebra no popular barrio de San Roque da cidade olívica durante 3 xornadas do mes de Agosto, sempre coincidindo co día do Santo Patrón, o día 16 de Agosto.
Durante o evento, poderás atopar as actividades propias dunha romaría… verbena, procesión, exvotos, postos de comida, actividades para nenos, postos con artesanía, concertos, etc.
Músicos díante da capela en 1925. Foto propiedade de Ruth Matilda Anderson.
A Romaría urbana máis antiga de Galicia
Datadas as primeiras edicións no século XVI, esta festa se celebra na finca de San Roque en Vigo.
O santo milagreiro é como se coñece ao patrón popular da cidade de Vigo. é o que recolle máis tradición, mantendo a esencia rural durante a festa. Dende os seus inicios se celebra os días 15, 16 e 17 de Agosto, sendo a xornada das vésperas e da Asunción, a de San Roque e a de O Can, respectivamente. A última se chama así porque homenaxeaba ao can que acompañaba ao Santo durante a súa peregrinaxe lambendo as súas feridas.
San Roque é o patrón popular de Vigo, ainda que dunha forma non oficial. Tamén San Roque é o Santo Patrón das epidemias, e unha figura moi importante durante os tiempos do coronavirus.
Xa na Idade Media os cristiáns se encomendaron a este santo para acabar coa peste. A tradición conta que San Roque chegou á cidade de Vigo no 1598 ao tempo que volvía a peste que acabou coa vida de máis de 2.000 vigueses. Ao chegar o santo, a enfermedide desapareceu e Vigo comezou a recuperarse.
Segundo a lenda, quen padeza unha enfermidade, debe levar ao milagreiro unha reprodución en cera da zona do corpo que esté afectada para curarse.
Antaño, o primeiro día de festa comezaba coas campanadas da parroquia, cando saía a procesión da Virxe do Rosario que se reunía coa imaxe de San Roque baixo un templete durante toda a romaría.
A segunda xornada comezaba cunha misa e outra procesión, que percorría as rúas cercanas, ao rematar se lanzaban foguetes como celebración. Para rematar, O Can daba por finalizada a festa, cunha última procesión que traía de volta á Virxe do Rosario.
Actualmente, coa excepción dos anos marcados pola pandemia do Covid, a romaría de San Roque de Vigo segue estando protagonizada por misas e procesións polas mañás, atraccións e xogos para os máis cativos, un gran comedor ao aire libre con mesas para poder comer o típico pulpo á feira ou unha sardiñada, acompañados de concertos e bandas de música.