Restauración da Imaxe de San Roque

Afundación, aceptou levar a cabo a restauración da imaxe de San Roque, ante a solicitude da Irmandade Devotos de San Roque.

A Restauradora elixida de levar a cabo este encargo foi Asunción Terroso, Historiadora de Arte, Conservadora e Restauradora con máis de 20 anos de experiencia en conservación de patrimonio.

A restauración da imaxe levouse a cabo na mesma Ermita do Pazo de San Roque, pois dado o estado de fraxilidade da imaxe, esta non iba soportar un traslado, de aí a necesaria intervención in situ

Asunción indicounos que o principal problema da imaxe era a pintura, pois tiña grandes escamas e estaba levantada, con perigo de desprendemento; e en zonas puntuais esta chegouse a perder. Tamén apreciase que sufriu varias repolicromías, o que deu lugar a unha suma de capas de pintura moi gruesas, que xunto coas variacións de temperatura e humidade, orixina que a pintura estalle

O proceso consistiu en fixar a policromía e conseguir que sexa estable, e unha vez consolidada reintegrar nas faltas. Podemos dicir que en realidade a grande parte do traballo foi de conservación máis que de restauración

A imaxe de San Roque é de estilo Barroco e calculan que pode ter uns 300 anos ou mesmo máis, dato que non está documentada. É unha imaxe que pasou moitos avatares ao longo da súa historia, mesmo enterrouse aos pés do piñeiro manso para protexela dos saqueos dos Franceses.

A Restauradora recomenda un seguimento periódico da imaxe para non chegar a estes extremos. É unha imaxe procesional polo que se recomenda o seu coidado e protección.

 

HISTORIAS RELACIONADAS