Resultados da Rifa Solidaria San Roque 2025

rifa solidaria

Queridas amigas e amigos da Irmandade,

O pasado 17 de agosto celebramos con moita ilusión o tradicional sorteo da Rifa Solidaria durante as festas de San Roque 2025. Un ano máis, a vosa colaboración foi fundamental para continuar impulsando as nosas actividades culturais e sociais. Grazas de corazón a todas e todos por participar!

Unha vez realizado o sorteo no recinto das festas, anunciamos os números gañadores:

  • Primeiro Premio: Nº 03628
    (Xamón de porco ibérico 50% raza ibérica + lote de embutidos ibéricos)

  • Segundo Premio: Nº 03594
    (Bacallau fresco Outón + lote de embutidos ibéricos)

 

 

Lembrámosvos ás persoas afortunadas que deben recoller o premio nun prazo de 30 días. Para máis información ou para concertar a recollida, podedes poñervos en contacto coa organización por correo electrónico: irmandade.sanroque.vigo@gmail.com

 

Recollida do primeiro premio:

 

Moitas grazas a todas as persoas que apoian esta iniciativa. Vémonos o ano que vén, con máis sorpresas e solidariedade!

A Irmandade Cultural e Social de San Roque
Vigo, agosto 2025

HISTORIAS RELACIONADAS