14, 15, 16 e 17 de agosto

ROMARÍA SAN ROQUE 2025

Programa de festas

Próximamente...

Una ano máis, a Irmandade de San Roque de Vigo traballamos para que os nosos veciños poidan disfrutar da Romaría Urbana máis antiga de Galicia.

Na nosa páxina web podedes atopar libros dixitalizados de edicións anteriores, recortes de prensa, galerías fotográficas, edicións dos torneos de fútbole mesmo un blogcoa actualidade que envolve á festa. 

Acompañando a celebración da Romaría de San Roque poderedes atopar postos de comida e bebida dentro da finca e un mercado de artesanía.

xoves 14 agosto

20:30 – PREGÓN

ALBERTO CUÑA

Alberto Cunha, artista galego e incondicional da nosa Romaría, será o pregoeiro de San Roque 2025. Músico, showman e tenor con longa traxectoria en escenarios, radio e televisión. ¡Un luxo contar con el!

22:00

Os Bechuchos

a polémica banda dos bechuchos

24:00

Orquesta Mondragón

ROCK & ROLL CIRCUS

A Orquesta Mondragón, coa dirección do irrepetible Javier Gurruchaga, leva dende 1976 mesturando rock, humor e espectáculo nunha fórmula infalible. Foron alma da movida madrileña e seguen contaxiando enerxía por onde pasan. Chegan a San Roque cun show cheo de carisma, teatro e clásicos como Viaje con nosotros ou Caperucita feroz. Prepárate para rir, cantar e bailar nunha noite que vai ser todo un despiporre. ¡Non cho podes perder!

venres 15 agosto

ERDEIROS Dos Morenos

PASARRÚAS E CONCERTO POLA FINCA

13:30 SESIÓN VERMUT

Faino Ti

Rumbas con sentimento dende o corazón do barrio de Coia.

21:00

NACIONAL 81

AS CANCIÓNS DA TÚA VIDA

Nacional 81 naceu nunha voda en 2022 e non parou! David e Miguel levan rock, pop e humor a festas, vodas e eventos por toda Galicia.
O Maketón de LOS40 Vigo é un proxecto histórico que apoia a música local desde os anos 90. Este ano, na Romaría de San Roque, contaremos con dous concertos exclusivos de Stages Maketón.

22:30

Malfinde

Punk-pop con forza galega

Malfinde é un power trío de Vigo que mestura a rabia do punk coas melodías do pop. Cun directo enérxico e contundente, veñen dispostos a prender lume no escenario.

24:15

Stoned at Pompeii

Rock alternativo potente e fresco

Chegan con rock moderno, potente e sen complexos. Himnos épicos, melodías afiadas e moita actitude nun directo que mestura forza, calidade e personalidade propia.

sábado 16 agosto

ATENEO MUSICAL DE BEMBRIVE

PASARRÚAS E CONCERTO NO RECINTO DE FESTAS AS 13:30

Charanga Costamekrelo

PASARRÚAS E ANIMACIÓN NO RECINTO DE FESTAS

12:00

CORAL RIOMAO

MISA MAIOR

21:00

CHARAMUSCA

CANTIGAS TRASHUMANTES

22:00

EL último guateque

Exitos pop/rock en español 60/70

Farante bailar con hits eternos e espírito de verbena nunha festa que fai volver os guateques con alegría, ritmo e moita nostalxia.

24:00

David Civera

A banda sonora dunha xeración

David, o rei do pop latino dos 2000, chega cunha carreira chea de éxitos e dúas décadas enriba dos escenarios. Eurovisión, discos multiplatino e hits inesquecibles como Dile que la quiero, Qué la detengan ou Rosa y espinas. Un concerto cheo de enerxía e lembranzas para bailar, cantar e volver a sentirte como entón.

domingo 17 agosto

12:00

Banda de música de Valladares

Procesión e Concerto no recinto de Festas Ás 13:30

SESIÓN VERMUT E XANTAR POPULAR

COA TRADICIONAL EMPANADA FURRU

22:00

Mago Jorge Lorenzo

MAXIA PARA TODOS

Chega a San Roque maxia de primer nivel cun espectáculo único, cheos de ilusións, humor e participación para todas as idades. Un viaje máxico que ninguén pode perder!

22:00

Orquesta La Banda de Ayer

pop y rock de los 80’, 90’ 00’

La Banda de Ayer trae o mellor do pop e rock dos 80 e 90, sen límites e sempre co máximo compromiso para facer vibrar a todos cun espectáculo cheo de enerxía e bo rollo.

Qué atoparás na Romaría San Roque 2025?

Gustarías de ter un posto no Mercado da Romaría de San Roque de Vigo os días 14, 15, 16 e 17 de Agosto de 2025?

¡APÚNTATE NO NOSO FORMULARIO!👇🏼

TORNEO FÚTBOL FESTAS EN HONRA A SAN ROQUE 2025

SÁBADO 2 DE AGOSTO

Campo Monte de la Mina (Castrelos)
8º Memorial Rafael Alonso Castro “Mosca”
11:00 H – Partido: Amigos de Mosca – Amigos de Chicho
14:30 H – Comida de confraternidade

VENRES 15 DE AGOSTO

Campo Colegio Hogar San Roque
41º TROFEO SAN ROQUE (6º Memorial Chicho)
19:00 H – Partido categoría Xuvenil: C. Hogar San Roque – C. P. Alertanavia
21:00 H – Entrega de Trofeos

SÁBADO 18 DE AGOSTO

Campo Colegio Hogar San Roque
41º TROFEO SAN ROQUE (Hermandad devotos de San Roque)
19:00 H – Partido categoría Senior: C. Hogar San Roque – C. D. Teis
21:00 H – Entrega de Trofeos

DOMINGO 17 DE AGOSTO

Campo Colegio Hogar San Roque
3º TROFEO SAN ROQUE FUTBOL FEMININO
11:00 H – Partido categoría Senior Feminino
13:00 H – Entrega de Trofeos

HORARIOS DA PROGRAMACIÓN LITÚRXICA NA HONRA DE SAN ROQUE

7 e 8 DE AGOSTO na capela

18:30 h. ROSARIO E NOVENA | 19:00 h. EUCARISTÍA

9 e 10 DE AGOSTO na capela

17:30 h. ROSARIO E NOVENA | 18:00 h. EUCARISTÍA

11 a 14 DE AGOSTO na capela

18:30 h. ROSARIO E NOVENA | 19:00 h. EUCARISTÍA

15 DE AGOSTO – ASUNCIÓN DA VIRXE MARÍA

10.30 h. misa na Parroquia, despois
procesión coa Virxe desde a Parroquia
ata a Capela, encontro con San Roque.
11:00 h. EUCARISTÍA na Capela
17:30 h. ROSARIO E NOVENA
18:00 h. EUCARISTÍA

16 DE AGOSTO – SAN ROQUE

8.00, 9:00, 10:00, 11:00 h. EUCARISTÍAS
12:00 h. SOLEMNE, PROCESIÓN
17:00, 18:00 h. EUCARISTÍAS na capela

17 DE AGOSTO

12:00 h. Eucaristía polos finados da Irmandade de Devotos de San Roque e Procesión.

Viva San Roque! 

Un ano máis, o corazón de Vigo latexa ao ritmo da devoción, a alegría e a tradición en honra ao noso querido San Roque. Esta romaría, que une xeracións e acende o espírito de todo un pobo, é moito máis que unha festa: é unha mostra viva de fe, de cultura e de identidade.

Desde a Irmandade Devotos de San Roque, seguimos cada ano con esforzo e profundo amor por manter as nosas tradicións, e a chama viva desta celebración. Con dedicación incansable para poder seguir gozando dunha romaría que nos une como comunidade e que honra con orgullo a nosa historia.

Como cada 16 de agosto, as rúas énchense de música, cor e emoción. Peregrinos, veciños e visitantes unímonos nun mesmo sentimento de gratitude e esperanza, seguindo os pasos de quen, durante séculos, mantiveron viva esta fermosa tradición.

Que esta xornada sexa de encontro, de alegría compartida e de renovada devoción. Que San Roque protéxanos e acompáñenos sempre, e que o seu exemplo de solidariedade e entrega inspírenos cada día.

Feliz romaría a todos!

Viva San Roque! Viva Vigo!

Xunta Irmandade Devotos de San Roque Vigo

Patrocinadores da Romaría San Roque Vigo 2025: