Este venres 19 de Xullo os reporteiros do programa da radio Televisión de Galicia Nin o Imaxinas estiveron coa Irmandade de Devotos de San Roque na finca de San Roque de Vigo como parte do seu especial dos San Roques máis destacados de Galicia.
Para eles o San Roque de Vigo, xunto co de Vilagarcía, son dos máis importantes da comunidade Galega.
A entrevista realizouse na finca de San Roque e nela participou a presidenta da Irmandade, o historiador e escritor do libro de historia de San Roque Enrique Caride e o colaborador e asesor musical da Irmandade Alberto Cunha.
Durante a reportaxe, o equipo de reporteiros visitou tamén a panadaría centenaria de Santa Rita, moi importante na historia da Romaría de San Roque de Vigo coa súa empada Furrú, estrela do día do Socio.
Por último visitamos o local de Tapas Romero, participante e colaborador da festa.
Dende a Irmandade estamos moi agradecidos á Televisión de Galicia por contar connosco e pola fermosa experiencia.