Días
Horas
Minutos

Saúdo da irmandade

Despois de dous anos sen poder celebrar a Romaría en honor a San Roque, este ano recuperamos a tradición e a ilusión de xuntarmos, como fixeron dende sempre os nosos devanceiros, nunha paraxe incomparable da nosa Cidade.

Dende a Irmandade traballamos con xenerosidade para o desfrute de todos. Este ano retornamos á celebración da Romaría durante 3 xornadas, os días 15, 16 e 17 de agosto, como se fixo dende os seus comenzos ata o ano 1951, en que se engadeu un día mais. Pensamos que voltar á tradición dos tres días vai permitir concentrar máis os festexos.

San Roque sempre foi un espazo e tempo de encontro das Familias, e niso traballamos dende esta Irmandade: queremos darlle continuidade ao encontro, avanzando nunha romaría sostible e de interese turístico, organizando e aumentando aínda mais a montaxe da mesma e sempre da man das organizacións e patrocinadores, sen os cales todo sería moito máis difícil. Por iso queremos agradecerlles aquí o seu apoio.

Estades invitados a compartir con nós estes días de celebración, nos que non faltarán os postos tradicionais de polbo, rosquillas, artesanía, produtos típicos… e música que nos levará as nosas raíces ou que nos fará danzar. Sempre contando co voso apoio para poder continuar e mellorar, ano a ano, a nosa celebración en honor a San Roque.

Recibide un cordial saúdo, coa ilusión e desexo de desfrute nesta edición e coa protección do noso Santo Patrón.

Xunta Irmandade Devotos de San Roque Vigo

HISTORIAS RELACIONADAS